Wednesday 15 de May de 2024

Novo convenio de colaboración entre o Concello e a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes


O Concello de Ordes e a Asociación Cultural Amigos da Música de Ordes formalizaron recentemente un convenio de colaboración. A sinatura do dito documento, vixente ao longo deste ano, correu a cargo do alcalde e do presidente da asociación, José Luis Martínez Sanjurjo e José Manuel Castro Calvo respectivamente. José Manuel Mira, concelleiro de Cultura, tamén estivo presente neste encontro.

Mediante este novo acordo a Administración local concédelle unha achega económica de 12.000 €, cos que se quere contribuír nos obxectivos máis inmediatos da dita asociación: o ensino, a promoción e a difusión da música.